Monday 06 de May de 2024

A Xunta participa en Bergondo nas ‘IV Xornadas de Voluntariado e Emerxencias no Ámbito Rural’


O vicepresidente, Alfonso Rueda, asistiu a unha demostración da operatividade dos drons como elemento de axuda nas emerxencias

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, visitou as IV Xornadas de Voluntariado e Emerxencias no Ámbito Rural, onde tivo a oportunidade de asistir a unha demostración da operatividade dos drons en emerxencias.

A xornada está organizada pola Asociación de Voluntarios de Protección Civil (AVPC) de Bergondo e conta coa participación de ao redor de 40 asociacións e 200 voluntarios de toda a provincia da Coruña. O seu obxectivo é ser un punto de encontro no que intercambiar experiencias e buscar melloras que lles permitan dar un bo servizo aos cidadáns.

Así mesmo, se trata de xornadas formativas nas que se abordan temas de actualidade en materia de emerxencias e que lles aportan unha maior formación ou actualización na materia. Este ano haberá relatorios sobre o control da Vespa Velutina, os procedementos de seguridade dos rallies e os protocolos a seguir nas buscas con cans, facendo especial fincapé nas persoas de avanzada idade.

Así mesmo, tamén haberá dúas demostracións. Unha sobre o funcionamento dos drons como elemento de axuda nas emerxencias, nas fases de prevención , planificación e nun futuro de intervención. E doutra banda, unha demostración con cans de busca e salvamento da Garda Civil, corpo co o que as AVPC colaboran habitualmente.